martes, 23 de abril de 2013

PORTODEMOUROS, LAS RUINAS DEL CENTRO NÁUTICO ADER. (14 abril de 2013)

El pasado 14 de abril estuvimos en el embalse de Portodemouros, en el municipio de Arzúa, en donde el río Ulla traza frontera entre las provincias de La Coruña y Pontevedra.

Hace años conocí Portodemouros como un lugar casi paradísíaco: un entorno lleno de vitalidad y posibilidades turísticas en donde las actividades náuticas, el recreo y el deporte en la naturaleza lo ocupaban todo. Decenas de personas se acercaban hasta aquí todos los fines de semana, especialmente en los meses de verano. En determinadas épocas del año las competiciones deportivas que se celebraban a nivel nacional, en especial las competiciones de piragüismo, hacían de Portodemouros un lugar turístico de referencia en el interior de Galicia, a donde acudían centenares de personas de toda España.

Hoy resulta desolador ver las ruinas de lo que fue el Centro Náutico ADER por lo que quisimos parar en este lugar para tomar unas fotografías con las que ilustrar la entrada de hoy. Nada mejor que completarlo con una noticia publicada hace unos días en El Faro de Vigo: PORTODEMOUROS, LA OPORTUNIDAD PERDIDA:

"A escasos metros da presa de Portodemouros o visitante asiste atónito a unha paisaxe de abandono e a unha mostra da dilapidación de cartos nos anos de bonanza económica.


As silvas case tapan o Centro Náutico ADER. Fican abandonadas á súa sorte as outrora fermosas cabanas de madeira, a cafetería, o clube náutico e demais instalacións deportivas da que no seu día se cualificou como unha das infraestruturas máis ambiciosas de apoio ó turismo de interior. Cartos da Unión Europea, a través do Plan Leader, que pretendía ser "un eixe vertebrador do desenvolvemento turístico da bisbarra", na que debería ter base un catamarán turístico. - todo iso impulsado polas Deputacións de Pontevedra e A Coruña baixo un cómplice silencio dos catro concellos da ribeira -Agolada, Vila de Cruces, Santiso e Arzúa-, da Xunta de Galicia e incluso dunha Unión Europea que, logo de constatar que os traballos subvencionados non respondían ó concepto de "iniciativa produtiva", deixaron esmorecer responsabilidades e non esixiron a continuidade do xa feito.

O fermoso "chalet" do albergue e oficinas, xunto cos embarcadoiros flotantes, podrecen no abandono. O edificio foi saqueado, ante o seu desleixo, e arrancáronselle ventás, sanitarios, liteiras, mobiliario. Ninguén sabe que foi dos barcos a motor para control das regatas, nin de moitas embarcacións deportivas. O entorno degrádase cada día un pouco máis. Millóns de euros públicos totalmente desaproveitados, sen posibilidade xa de recuperación. As embarcacións permanecen afundidas no fondo do encoro, outras foron roubadas e algunha repousa deteriorada entre cascallos e lixo. Morto o proxecto, morreron tamén as esperanzas de moitos empresarios turísticos da zona e das Administracións locais das dúas marxes da presa, que viron nas obras unha oportunidade para un relanzamento da zona.

Á historia pasaron as escolas de vela, o campo de regatas, a escola de remo... Ruínas de instalacións sen uso ningún son mudas testemuñas do mal facer de responsables públicos, que abordaron investimentos improdutivos dos que agora ninguén se acorda, nin tan sequera para lles pedir responsabilidades polos seus actos.


 Portodemouros é o máis claro exemplo de que conceptos como o de desenvolvemento turístico do interior son simplemente unha afirmación "para a galería" e unha oportunidade para manexar sen control fondos públicos."

Personalmente pienso que el entorno de Portodemouros es un lugar recuperable con un poco de voluntad política y viable con una buena gestión. Es un lugar con un gran potencial y con un atractivo turístico real y explotable; Portodemouros, si le dejan, es uno de los grandes atractivos con los que cuenta el  tantas veces olvidado interior de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario